Agradecementos

Como dicimos aquí: ‘Pasou o día, pasou a romería!’

Despois de meses de traballo e coas complicacións típicas de última hora, podemos afirmar que a XXIX edición do Cross Párroco Don Camilo foi todo un éxito. E foi un éxito grazas a tod@s vos 🙂 Sen o patrocinio dos colaboradores e sen a ilusión d@s participantes todo o noso esforzo non valería para nada. Así que agora dende a ANPA do CEIP Plurilingüe Párroco Don Camilo só nos queda dar as GRAZAS! en maiúsculas por formar parte un ano máis desta pequena ‘aventura’ na que nos mergullamos de novo.

Podedes ver os resultados de tódalas categorías na pestana ‘Resultados‘. Ah! Non deixedes de botar un ollo ás fotos do Cross, seguro que vos atopades 😉 … e tamén atoparedes ó alcalde de Vigo, Abel Caballero, que arañou un oco na súa axenda para vir a entregar medallas a gañador@s de diversas categorías.

Vémonos no XXX Cross Párroco Don Camilo!