Reglamento XXXI Cross Párroco Don Camilo

Reglamento XXXI Cross CEIP Plurilingüe Párroco Don Camilo

A A.N.P.A. do C.E.I.P. Plurilingüe Párroco Don Camilo, coa colaboración do C.E.I.P. Párroco Don Camilo, Concello de Vigo e Agrupación Xóvenes Atletas, organiza o XXXI Cross Escolar Párroco Don Camilo, que se celebrará o día 19 de Abril de 2020 a partir das 10:30 horas no propio centro escolar e transcorrerá polos arredores do mesmo.

⦁ Nas carreiras poderán participar tódolos nenos e nenas nados entre o anos 2007 e 2017, ambos inclusive, sempre que sexan capaces de correr sós. Tódolos participantes estarán asegurados cun seguro de accidentes contraído por esta A.N.P.A.

⦁ As inscricións, son de balde, deberán facerse no formulario de inscrición da web www.crossparroco.es. Poñendo o nome e apelidos, e a data de nacemento. A inscrición de tódalas categorías pecharase sen excepción ás 00:00 horas do día 16 de Abril de 2020. Toda solicitude de inscrición chegada con posterioridade á data peche será rexeitada.

A ANPA do CEIP plurilingüe Párroco Don Camilo non se responsabiliza dos danos físicos e/ou morais sufridos como consecuencia da participación nesta proba. Todo participante no XXXI Cross Escolar Párroco Don Camilo acepta sen reserva algunha todo o reflectido neste regulamente. Así mesmo, consinte na toma de imaxes, que pasarán a formar parte de páxina web www.crossparroco.es e ás que se lles poderá dar uso para a promoción das actividades organizadas por esta ANPA.

⦁ Os dorsais serán entregados pola organización na zona de saída da proba, sita no interior do recinto escolar, ata media hora antes do comenzo da proba da categoría correspondente.

⦁ Entregaranse trofeos ós primeiros clasificados de cada categoría, en ambos sexos, e medallas a todos participantes

⦁ Na carreira de nais e pais, só poderán participar nais e pais que teñan nenos ou nenas que participen neste cross.

⦁ As categorías en competición, orde de saída e distancias serán as seguintes (dependendo do número de participantes, poderán agruparse varias categorías nunha mesma carreira).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *