Reglamento XXX Cross Párroco Don Camilo

Accede aquí ó reglamento completo da XXX edición do Cross Párroco Don Camilo:

  • A ANPA do C.E.I.P. Plurilingüe Párroco Don Camilo, coa colaboración do Concello de Vigo, Comesaña Sporting Club e a Agrupación Xóvenes Atletas, organiza o XXX Cross Escolar Párroco Don Camilo, que se celebrará o día 24 de Marzo de 2019 a partir das 10:30 horas no propio centro escolar e transcorrerá polos arredores do mesmo.
  • Nas carreiras poderán participar tódolos nenos e nenas nados entre o anos 2006 e 2017, ambos inclusive. Tódol@s participantes estarán asegurados cun seguro de accidentes contraído por esta ANPA
  • As inscricións son de balde, deberán facerse no enderezo de correo electrónico anpaparrocodoncamilo@hotmail.com. Poñendo o nome e apelidos, e a data de nacemento. A inscrición de tódalas categorías pecharase sen excepción ás 00:00 horas do día 21 de Marzo de 2019. Todas solicitude se inscrición chagada con posterioridade a data peche será rexeitada.
  • A ANPA do CEIP plurilingüe Párroco Don Camilo non se responsabiliza dos danos físicos e/ou morais sufridos como consecuencia da participación nesta proba. Todo participante no XXX Cross Escolar Párroco Don Camilo acepta sen reserva algunha todo o reflectido neste regulamento. Así mesmo, consinte na toma de imaxes, que pasarán a formar parte de páxina web www.crossparroco.es e ás que se lles poderá dar uso para a promoción das actividades organizadas por esta ANPA .
  • Os dorsais serán entregados pola organización na zona de saída da proba, sita no interior do recinto escolar, ata media hora antes do comenzo da proba da categoría correspondente.
  • Entregaranse trofeos ós primeir@s clasificad@s de cada categoría, en ambos sexos, e medallas a tódos participantes.
  • Na carreira de Nais e Pais, só poderán participar nais e pais que teñan nen@s que participen neste cross.
  • As categorías en competición, orde de saída e distancias serán as seguintes. (Dependendo do número de participantes, poderán agruparse varias categorías nunha mema carreira)


CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS

Sub 14 masculino 2006 – 2007 1600 metros 10:30
Sub 14 feminino 2006 – 2007 1100 metros 10:45
Sub 12 masculino 2008 – 2009 1100 metros 11:00
Sub 12 feminino 2008 – 2009 800 metros 11:10
Sub 10 masculino 2010 – 2011 800 metros 11:20
Sub 10 feminino 2010 – 2011 800 metros 11:30
Pais 1100 metros 11:40
Nais 800 metros 11:45
Sub 8 masculino 2012 – 2013 500 metros 12:05
Sub 8 feminino 2012 – 2013 500 metros 12:15
Pitufos 2014 Masculinos 2014 200 metros 12:25
Pitufos 2014 Femininos 2014 200 metros 12:35
Pitufos 2015 e inferiores Masculinos 2015-2017 100 metros 12:40
Pitufos 2015 e inferiores Femininos 2015-2017 100 metros 12:50

Entrega de trofeos 13:00h

¡Inscríbete no XXX Cross Párroco Don Camilo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *