Información XXIX Cross Párroco Don Camilo: reglamento, categorías, horarios

Información Cross Parroco Don Camilo

Deixámoste toda a información sobre o noso Cross con ‘pelos e sinais’ para que non te quedes con ningunha dúbida: reglamento, categorías, distancias e horarios para o domingo 15 de abril. Igualmente, podes contactar con nós para o que precises a través do noso teléfono 686 549 924 e o noso email anpaparrocodoncamilo@hotmail.com

  1. Reglamento

– A Anpa do CEIP Plurilingüe Párroco Don Camilo, en colaboración co Concello de Vigo, Comesaña Sporting Club e a Agrupación Xóvenes Atletas, organiza o XXIX Cross Escolar Párroco Don Camilo, que se celebrará o día 15 de Abril de 2018 a partir das 10:30 horas no propio centro escolar, así como nos arredores do mesmo.

– A carreira organízase aberta para tódol@s nen@s nados entre os anos 2005 e 2014, ambos inclusive. Tódol@s nen@s estarán asegurados por un seguro de accidentes contratado por esta ANPA.

– As inscricións son de balde. Deberán facerse no correo electrónico anpaparrocodoncamilo@hotmail.com. Poñendo o nome e apelidos, e a data de nacemento. A inscrición de tódalas categorías pecharase sen excepción ás 00:00 horas do día 12 de abril de 2018. Toda solicitude de inscrición chegada con posterioridade a dito peche será rexeitada.

– A ANPA do CEIP Plurilingüe Párroco Don Camilo non se responsabiliza dos danos físicos e/ou morais sufridos como consecuencia da participación nesta proba. Todo participante no XXIX Cross Escolar Párroco Don Camilo acepta sen reserva algunha todo o reflectido neste regulamento. Así mesmo, consinte na toma de imaxes, que pasarán a formar parte da páxina web www.crossparroco.es e ás que se lles poderá dar un uso para a promoción das actividades organizadas por esta ANPA.

– Os dorsais serán entregados pola organización na zona de saída da proba, sita no interior do recinto escolar, ata media hora antes do comezo da proba da categoría correspondente.

– Entregaránse trofeos -cortesía dos nosos colaboradores ós primeir@s clasificad@s de cada categoría, en ambos sexos, e medallas a tódolos participantes.

– Na carreira de Nais e Pais, so poderán participar, nais e pais que teñan nen@s que participen neste Cross.

2. Categorías e distancias

As categorías en competición, orde de saída e distancias serán as seguintes (dependendo do número de participantes, poderán agruparse varias categorías nunha mesma carreira):

CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA
INFANTIL FEMININO 05-06 1100 metros
INFANTIL MASCULINO 05-06 1600 metros
ALEVÍN FEMININO 07-08 800 metros
ALEVÍN MASCULINO 07-08 1100 metros
BENXAMÍN FEMININO 09-10 500 metros
BENXAMÍN MASCULINO 09-10 800 metros
PREBENXAMÍN FEMININO 11-12 500 metros
PREBENXAMÍN MASCULINO 11-12 500 metros
NAIS 500 metros
PAIS 1100 metros
PITUFOS 4 ANOS 2013 200 metros
PITUFOS 3 ANOS 2014 100 metros

3. Horarios

CATEGORÍA HORARIO
INFANTIL FEMENINO 10.30
INFANTIL MASCULINO 10.40
ALEVÍN FEMININO 10.55
ALEVÍN MASCULINO 11.05
BENXAMÍN FEMININO 11.15
BENXAMÍN MASCULINO 11.25
PREBENXAMÍN FEMININO 11.35
PREBENXAMÍN MASCULINO 11.45
NAIS 11.55
PAIS 12.05
PITUFOS 4 ANOS FEMININO 12.15
PITUFOS 4 ANOS MASCULINO 12.20
PITUFOS 3 AÑOS FEMININO 12.25
PITUFOS 3 AÑOS MASCULINO 12.30
ENTREGA TROFEOS 13.00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *