Información XXIX Cross Párroco Don Camilo: reglamento, categorías, horarios

Información Cross Parroco Don Camilo

Deixámoste toda a información sobre o noso Cross con ‘pelos e sinais’ para que non te quedes con ningunha dúbida: reglamento, categorías, distancias e horarios para o domingo 15 de abril. Igualmente, podes contactar con nós para o que precises a través do noso teléfono 686 549 924 e o noso email anpaparrocodoncamilo@hotmail.com

  1. Reglamento

– A Anpa do CEIP Plurilingüe Párroco Don Camilo, en colaboración co Concello de Vigo, Comesaña Sporting Club e a Agrupación Xóvenes Atletas, organiza o XXIX Cross Escolar Párroco Don Camilo, que se celebrará o día 15 de Abril de 2018 a partir das 10:30 horas no propio centro escolar, así como nos arredores do mesmo.

Seguir leyendo

Conta atrás para o XXIX Cross Párroco Don Camilo

En menos dun mes estamos coas zapatillas postas e o noso dorsal nas costas para comezar o XXIX Cross Párroco Don Camilo. Se queres máis información só tes que poñerte en contacto con nós e axudarémoste.  Anota o 15 de abril na axenda!

Neste blogue iremos actualizando pouco a pouco tódolos datos que necesites: como inscribirte, qué percorrido terá, que categorías haberá, cal será o horario de saída de cada categoría… Permanece atento a www.crossparroco.es para estar actualizado sobre todo o que ocorre no XXIX Cross Párroco Don Camilo 🙂

Primeiros colaboradores

Damos a benvida ós nosos primeiros patrocinadores! 🙂

Pouco a pouco iremos enchendo a nosa sección Colaboradores cos logos de tódalas empresas que aportan o seu graniño e area para que a XXIX Edición do Cross Párroco Don Camilo sexa un evento tan exitoso coma de costume.

Grazas a todos pola vosa colaboración!

Se tí tamén queres participar no XXIX Cross Párroco Don Camilo dalgún xeito, non dubides en contactar coa ANPA do CEIP Plurilingüe Párroco Don Camilo a través do email anpaparrocodoncamilo@hotmail.com ou o teléfono 686 549 924 .

Fainos a túa proposta. Somos todo oidos 😉

 

Queres colaborar co XXIX Cross Párroco Don Camilo?

Estupendo! Só tés que poñerte en contacto coa ANPA do CEIP Párroco Don Camilo:

Persoalmente: No local da ANPA en horario de martes de 9.00 a 10.00h e xoves de 16.00 a 17.00h

-Por teléfono: 686 549 924

-Por email: anpaparrocodoncamilo@hotmail.com

Calquer aportación será de gran axuda: un agasallo para sortear ó final do cross, aportación económica para compra de avituallamento ou trofeos…Todo suma 🙂

Grazas de antemán!