Aberto prazo inscrición ó XXX Cross Párroco Don camilo!

Xa está aberto o prazo de inscrición ó noso Cross!

Este vai ser un Cross moi especial xa que é a XXX edición… ¡nin máis, nin menos!… e, ademáis, o noso cole, o CEIP Plurilingüe Párroco Don Camilo, tamén está celebrando un ano moi especial: o ano do seu 50º Aniversario.

Antes de nada, bótalle unha ollada ó REGLAMENTO, as CATEGORÍASe as DISTANCIAS. Se tes dúbidas, contacta coa ANPA e axudarémoste 🙂

Como podes inscribirte?

-No apartado ‘Inscricións‘ da nosa web www.crossparroco.es

-Enviando un email a anpaparrocodoncamilo@hotmail.com indicando ‘Nome e apelidos, Data de nacemento, Colexio ou clube ó que pertence @ participante’

AGARDÁMOSTE!

Reglamento XXX Cross Párroco Don Camilo

Accede aquí ó reglamento completo da XXX edición do Cross Párroco Don Camilo:

  • A ANPA do C.E.I.P. Plurilingüe Párroco Don Camilo, coa colaboración do Concello de Vigo, Comesaña Sporting Club e a Agrupación Xóvenes Atletas, organiza o XXX Cross Escolar Párroco Don Camilo, que se celebrará o día 24 de Marzo de 2019 a partir das 10:30 horas no propio centro escolar e transcorrerá polos arredores do mesmo.
  • Nas carreiras poderán participar tódolos nenos e nenas nados entre o anos 2006 e 2017, ambos inclusive. Tódol@s participantes estarán asegurados cun seguro de accidentes contraído por esta ANPA
  • As inscricións son de balde, deberán facerse no enderezo de correo electrónico anpaparrocodoncamilo@hotmail.com. Poñendo o nome e apelidos, e a data de nacemento. A inscrición de tódalas categorías pecharase sen excepción ás 00:00 horas do día 21 de Marzo de 2019. Todas solicitude se inscrición chagada con posterioridade a data peche será rexeitada.
  • A ANPA do CEIP plurilingüe Párroco Don Camilo non se responsabiliza dos danos físicos e/ou morais sufridos como consecuencia da participación nesta proba. Todo participante no XXX Cross Escolar Párroco Don Camilo acepta sen reserva algunha todo o reflectido neste regulamento. Así mesmo, consinte na toma de imaxes, que pasarán a formar parte de páxina web www.crossparroco.es e ás que se lles poderá dar uso para a promoción das actividades organizadas por esta ANPA .
  • Os dorsais serán entregados pola organización na zona de saída da proba, sita no interior do recinto escolar, ata media hora antes do comenzo da proba da categoría correspondente.
  • Entregaranse trofeos ós primeir@s clasificad@s de cada categoría, en ambos sexos, e medallas a tódos participantes.
  • Na carreira de Nais e Pais, só poderán participar nais e pais que teñan nen@s que participen neste cross.
  • As categorías en competición, orde de saída e distancias serán as seguintes. (Dependendo do número de participantes, poderán agruparse varias categorías nunha mema carreira)


CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS

Sub 14 masculino 2006 – 2007 1600 metros 10:30
Sub 14 feminino 2006 – 2007 1100 metros 10:45
Sub 12 masculino 2008 – 2009 1100 metros 11:00
Sub 12 feminino 2008 – 2009 800 metros 11:10
Sub 10 masculino 2010 – 2011 800 metros 11:20
Sub 10 feminino 2010 – 2011 800 metros 11:30
Pais 1100 metros 11:40
Nais 800 metros 11:45
Sub 8 masculino 2012 – 2013 500 metros 12:05
Sub 8 feminino 2012 – 2013 500 metros 12:15
Pitufos 2014 Masculinos 2014 200 metros 12:25
Pitufos 2014 Femininos 2014 200 metros 12:35
Pitufos 2015 e inferiores Masculinos 2015-2017 100 metros 12:40
Pitufos 2015 e inferiores Femininos 2015-2017 100 metros 12:50

Entrega de trofeos 13:00h

¡Inscríbete no XXX Cross Párroco Don Camilo!

Colabora co XXX Cross Párroco Don Camilo

Queres colaborar no noso XXX Cross Párroco Don Camilo e pasar a formar parte desta pequena historia? Xenial! Mans á obra 😉

Ponte en contacto coa ANPA do CEIP Párroco Don Camilo:

Persoalmente: No local da ANPA os martes de 9.00 a 10.00h

Por teléfono/ WhatsApp: 686 549 924

Por email: anpaparrocodoncamilo@hotmail.com

Calquer aportación será de gran axuda: un agasallo para sortear ó final do Cross, aportación económica para compra de avituallamento ou trofeos…

Grazas de antemán!

Anota! Domingo 24 de marzo XXX Cross Párroco Don Camilo

XXX Cross Parroco Don CamiloXa temos data para a celebración do noso Cross: 24 de marzo

Este ano será especial porque o Cross cumpre 30 anos de vida– que se di pronto- e, ademáis, o noso cole, o Colexio Plurilingüe Párroco Don Camilo, cumpre 50 anos. Así que preparádevos nesta ocasión para vivilo ó grande, como a ocasión o merece 🙂

De momento só podemos adiantar a data, pero os demáis detalles irédelos descubrindo pouco a pouco neste blog. Podedes contactar con nós para o que necesitedes. Permanecede atentos!

 

Agradecementos

Como dicimos aquí: ‘Pasou o día, pasou a romería!’

Despois de meses de traballo e coas complicacións típicas de última hora, podemos afirmar que a XXIX edición do Cross Párroco Don Camilo foi todo un éxito. E foi un éxito grazas a tod@s vos 🙂 Sen o patrocinio dos colaboradores e sen a ilusión d@s participantes todo o noso esforzo non valería para nada. Así que agora dende a ANPA do CEIP Plurilingüe Párroco Don Camilo só nos queda dar as GRAZAS! en maiúsculas por formar parte un ano máis desta pequena ‘aventura’ na que nos mergullamos de novo.

Podedes ver os resultados de tódalas categorías na pestana ‘Resultados‘. Ah! Non deixedes de botar un ollo ás fotos do Cross, seguro que vos atopades 😉 … e tamén atoparedes ó alcalde de Vigo, Abel Caballero, que arañou un oco na súa axenda para vir a entregar medallas a gañador@s de diversas categorías.

Vémonos no XXX Cross Párroco Don Camilo!

Información XXIX Cross Párroco Don Camilo: reglamento, categorías, horarios

Información Cross Parroco Don Camilo

Deixámoste toda a información sobre o noso Cross con ‘pelos e sinais’ para que non te quedes con ningunha dúbida: reglamento, categorías, distancias e horarios para o domingo 15 de abril. Igualmente, podes contactar con nós para o que precises a través do noso teléfono 686 549 924 e o noso email anpaparrocodoncamilo@hotmail.com

  1. Reglamento

– A Anpa do CEIP Plurilingüe Párroco Don Camilo, en colaboración co Concello de Vigo, Comesaña Sporting Club e a Agrupación Xóvenes Atletas, organiza o XXIX Cross Escolar Párroco Don Camilo, que se celebrará o día 15 de Abril de 2018 a partir das 10:30 horas no propio centro escolar, así como nos arredores do mesmo.

Seguir leyendo

Conta atrás para o XXIX Cross Párroco Don Camilo

En menos dun mes estamos coas zapatillas postas e o noso dorsal nas costas para comezar o XXIX Cross Párroco Don Camilo. Se queres máis información só tes que poñerte en contacto con nós e axudarémoste.  Anota o 15 de abril na axenda!

Neste blogue iremos actualizando pouco a pouco tódolos datos que necesites: como inscribirte, qué percorrido terá, que categorías haberá, cal será o horario de saída de cada categoría… Permanece atento a www.crossparroco.es para estar actualizado sobre todo o que ocorre no XXIX Cross Párroco Don Camilo 🙂

Primeiros colaboradores

Damos a benvida ós nosos primeiros patrocinadores! 🙂

Pouco a pouco iremos enchendo a nosa sección Colaboradores cos logos de tódalas empresas que aportan o seu graniño e area para que a XXIX Edición do Cross Párroco Don Camilo sexa un evento tan exitoso coma de costume.

Grazas a todos pola vosa colaboración!

Se tí tamén queres participar no XXIX Cross Párroco Don Camilo dalgún xeito, non dubides en contactar coa ANPA do CEIP Plurilingüe Párroco Don Camilo a través do email anpaparrocodoncamilo@hotmail.com ou o teléfono 686 549 924 .

Fainos a túa proposta. Somos todo oidos 😉

 

Queres colaborar co XXIX Cross Párroco Don Camilo?

Estupendo! Só tés que poñerte en contacto coa ANPA do CEIP Párroco Don Camilo:

Persoalmente: No local da ANPA en horario de martes de 9.00 a 10.00h e xoves de 16.00 a 17.00h

-Por teléfono: 686 549 924

-Por email: anpaparrocodoncamilo@hotmail.com

Calquer aportación será de gran axuda: un agasallo para sortear ó final do cross, aportación económica para compra de avituallamento ou trofeos…Todo suma 🙂

Grazas de antemán!